miércoles, 15 de mayo de 2024

Día de Familias 💙💚

No marco do programa Polos Creativos e Biblioteca Creativa, traballamos arreo todo este terceiro trimestre en talleres de creación, confección e costura de bolsas e marcos de fotos para agasallar ás nosas familias un día tan especial como o 15 de maio! 

Agardamos que vos gusten, familias!! 

Graciñas por todo!! 🌟✨





viernes, 10 de mayo de 2024

Obradoiro de Títeres🤡🤡

 Este venres día 10 de maio - no marco da Biblioteca Creativa e dos Polos Creativos - sacamos a nosa vea máis creativa da man dun obradoiro de títeres presentado por Ton Arenas. 

Ton ensinounos algunha das fabulosas creacións que fai, as máis delas de cartón, e incluso tivemos a oportunidade de vestir algunha das súas máscaras. 

Logo, ensinounos a facer títeres a base de cartón! 

Pasámolo xenial! Aquí vos deixamos un resumo! 
Graciñas Ton!!!









Botádelle un ollo ás nosas creacións! 


"TODO SE PODE CONTAR CON TEATRO" ARTUR TRILLO

 Hoxe contamos coa visita de ARTUR TRILLO para levar a cabo un Obradoiro de teatro radiofónico chamado "Todo se pode contar con Teatro...