miércoles, 15 de mayo de 2024

Día de Familias 💙💚

No marco do programa Polos Creativos e Biblioteca Creativa, traballamos arreo todo este terceiro trimestre en talleres de creación, confección e costura de bolsas e marcos de fotos para agasallar ás nosas familias un día tan especial como o 15 de maio! 

Agardamos que vos gusten, familias!! 

Graciñas por todo!! 🌟✨





viernes, 10 de mayo de 2024

Obradoiro de Títeres🤡🤡

 Este venres día 10 de maio - no marco da Biblioteca Creativa e dos Polos Creativos - sacamos a nosa vea máis creativa da man dun obradoiro de títeres presentado por Ton Arenas. 

Ton ensinounos algunha das fabulosas creacións que fai, as máis delas de cartón, e incluso tivemos a oportunidade de vestir algunha das súas máscaras. 

Logo, ensinounos a facer títeres a base de cartón! 

Pasámolo xenial! Aquí vos deixamos un resumo! 
Graciñas Ton!!!









Botádelle un ollo ás nosas creacións! 


Día de Familias 💙💚

No marco do programa Polos Creativos e Biblioteca Creativa, traballamos arreo todo este terceiro trimestre en talleres de creación, confecci...